A Castronela

SOBRE NÓS

A Asociación Recreación Histórica A Castronela é unha entidade sen ánimo de lucro rexistrada no Rexistro Provincial de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Friol. Fundada o 1 de Febreiro de 2015, esta asociación xurdiu da iniciativa dun grupo de amigos e amigas oriúndos/as de Friol, motivados/as polo interese nas orixes históricas e culturais de Galicia. Hoxe en día, contamos con 193 socios e socias activos/as repartidos/as en 147 adultos/as e 46 menores que comparten unha paixón pola recreación histórica e a conservación do noso rico patrimonio arqueolóxico e cultural.

Eventos